Wednesday 01 de May de 2024

Un total de 44 alumnos do IES Leliadoura visitaron o Museo do Gravado de Artes


Un total de 44 alumnos do IES Leliadoura visitaron hoxe dentro do programa municipal “Coñece o teu contorno próximo” o Museo do Gravado de Artes.

Organizada pola Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer a exposición “Nós-Outras” da man da artista Lucía Romaní e máis a mostra “Historias para ser vistas, imaxes para ser contadas”. Tamén estiveron presentes dúas profesoras e artistas: Pura Villar e Mónica Montero Parcero, esta última con obra exhibida en “Nós-Outras”.

Xa o pasado día 1 tivera lugar unha acción semellante na que participaron medio cento de alumnos do IES Número 1.